Tuesday 07 de May de 2024

Camariñas completa a sinalización das súas catro praias sen fume


O Concello de Camariñas completou a sinalización das catro praias sen fume no municipio, que son Arou, Lago, Lingunde e O Ariño.

Trátase dunha campaña da Consellería de Sanidade, dentro do ‘Programa Galego de Promoción dunha Vida Sen Tabaco’, que pretende concienciar sobre a proteción do medio ambiente e promocionar unha vida sen tabaco.

Deste xeito, estes catro areais de Camariñas contemplan a prohibición de fumar en toda a zona sinalada. Quedan excluídas aquelas áreas ó aire libre dos locais de hostalaría situados na praia.